Friday 26 de April de 2024

Veciños e veciñas de Frades participaron nun curso de xestión de residuos agropecuarios e forestais


Un total de dezasete veciños e veciñas de Frades participaron nun curso formativo en Xestión de Residuos Agropecuarios e Forestais, organizado polo Concello de Frades en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña. Un curso de tres horas de duración que tivo lugar no multiúsos de Cimadevila tarde-noite de onte xoves. O principal obxectivo do curso era que os agricultores de Frades tomaran conciencia das medidas que poden tomar para eliminar os residuos que se producen nas súas explotacións sen afeccións ao medio natural.